De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,
DISPOÑO:
1. Notificar mediante a presente cédula a herdeiros de Humberto Pereira Manzanares o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 7 de febreiro de 2013 que fixa o prezo xusto dos predios número 264 e 265 sitos en Nigrán, relativo ao proxecto 01017, expediente 2011/000003, cuxos datos se relacionan no anexo.
2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada poderá tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.
3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación á persoa expropiada, expido, asino e selo esta cédula.
Santiago de Compostela, 28 de maio de 2013
Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia
ANEXO
Proxecto para o que se expropia: 01017-LAT a 132 kV Balaídos-Gondomar. Expediente: 95/83.
Nº de expediente: 2011/000003.
Persoa que se notifica: herdeiros de Humberto Pereira Manzanares.
Expropiante: Consellería de Innovación e Industria. Delegación Provincial de Pontevedra. Oficina de Vigo.
Expropiado: herdeiros de Humberto Pereira Manzanares.
Beneficiario: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Predios nº: 264 e 265.
Concello: Nigrán.
Provincia: Pontevedra.
Valoración resolución do Xurado: 9.608,98 €.