Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 25 de xuño de 2013 Páx. 24684

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 17 de xuño de 2013 pola que se resolve parcialmente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta consellería.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, mediante unha Orde do 20 de maio de 2013 (DOG nº 97, do 23 de maio), e de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da citada convocatoria, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlles destino, nos postos de traballo que se indican, ás persoas funcionarias que se relacionan no anexo desta orde.

Segundo. O cesamento no destino actual das persoas funcionarias que obtiveron a praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión da praza adxudicada será de tres días a partir do seguinte ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente as persoas funcionarias presten servizos, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base sétima da convocatoria.

Terceiro. A xefatura do centro en que causen baixa as persoas adxudicatarias, así como a daquel en que obteñan o destino, consignarán no título administrativo, dentro dos prazos sinalados nos puntos anteriores, as dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales lles darán traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Contra esta orde, que lle pon fin á vía administrativa, poderase formular un recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente un recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2013

P.D. (Orde do 25.1.2012)
José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos

ANEXO

Apelidos e nome: García Otero, María del Pilar.

Nº de rexistro persoal: 3612369824 A2060.

Corpo ou escala: corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

Subgrupo: A1.

Posto de traballo: vicesecretario/a xeral.

Código: ED.201.00.001.15770.001.

Nivel: 30.

Centro directivo: Secretaría Xeral Técnica.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Cereijo Villares, Silvia.

Nº de rexistro persoal: 3333358113 A2060.

Corpo ou escala: corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

Subgrupo: A1.

Posto de traballo: xefatura do Servizo de Recursos Humanos.

Código: ED.C99.10.000.27001.080.

Nivel: 28.

Centro directivo: Xefatura Territorial de Lugo.

Localidade: Lugo.

Apelidos e nome: Fernández Quintas, María Luz.

Nº de rexistro persoal: 3496396368 A2051.

Corpo ou escala: corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia.

Subgrupo: A2.

Posto de traballo: xefatura do Servizo de Recursos Humanos.

Código: ED.C99.10.000.32001.080.

Nivel: 28.

Centro directivo: Xefatura Territorial de Ourense.

Localidade: Ourense.

Apelidos e nome: Espiñeira Anta, María Elia.

Nº de rexistro persoal: 3490932757 A2051.

Corpo ou escala: corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia.

Subgrupo: A2.

Posto de traballo: xefatura do Servizo de Recursos Educativos Complementarios.

Código: ED.C99.10.000.32001.148.

Nivel: 28.

Centro directivo: Xefatura Territorial de Ourense.

Localidade: Ourense.

Apelidos e nome: Amoedo Loira, Tomás.

Nº de rexistro persoal: 3527997535 A2051.

Corpo ou escala: corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia.

Subgrupo: A2.

Posto de traballo: xefatura do Servizo de Recursos Educativos Complementarios.

Código: ED.C99.10.000.36001.180.

Nivel: 28.

Centro directivo: Xefatura Territorial de Pontevedra.

Localidade: Pontevedra.