Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Venres, 21 de xuño de 2013 Páx. 24390

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2013 pola que se fai pública a formalización dos contratos administrativos de execución das obras públicas hidráulicas que se citan non suxeitos a regulación harmonizada, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

A Dirección de Augas de Galicia como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012 de delegación de competencias ditada pola presidencia da entidade e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto do ente público, contratou as seguintes actuacións:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: contratación.

Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es

Tipo de contrato: obra.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.

Valor estimado dos contratos: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.

Vantaxes das ofertas dos adxudicatarios: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de valoración establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos que se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia ás dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

2. Obxecto do contrato: obra.

a) Descrición: saneamento, depuración e mellora do abastecemento no concello de Melón. Melón (Ourense).

Número de expediente: OH.532.760.

CPV (referencia de nomenclatura): 45231300-8.

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 123, do 28 de xuño de 2012.

Orzamento base da licitación: importe neto: 308.603,35 euros. Importe total: 364.151,95 euros.

Data de adxudicación: 18 de abril de 2013.

Importe de adxudicación: importe neto: 269.997,07 euros. Importe total: 326.696,45 euros.

Data de formalización do contrato: 4 de xuño de 2013.

Contratista: Petrolam A Veiga, S.L.

b) Descrición: pequenos saneamentos en núcleos de Calvario-San Miguel, Martín, Tamuxe e Viso dos Eidos. O Rosal (Pontevedra).

Número de expediente: OH.336.1015.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232440-8.

Medio e data de publicación da licitación: DOG núm. 166, do 31 de agosto de 2012.

Orzamento base de licitación: importe neto: 151.890,53 euros. Importe total: 183.787,54 euros.

Data de adxudicación: 23 de maio de 2013.

Importe de adxudicación: importe neto: 132.630 euros. Importe total: 160.482,30 euros.

Data de formalización do contrato: 5 de xuño de 2013.

Contratista: Hidromiño, S.L.

3. Cofinanciamento da Unión Europea.

As actuacións referidas no punto 2) anterior están cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nunha porcentaxe dun oitenta por cento (80 %) de acordo coa Decisión C (2012) 1621 da Comisión Europea do 27 de marzo de 2012, que modifica a Decisión C (2007) 6079 pola que se adopta o programa operativo de intervención comunitaria do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do obxectivo de converxencia na Comunidade Autónoma de Galicia en España, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3 Ambiente, Contorno Natural, Recursos Hídricos e Prevención de Riscos.

En concreto, as obras indicadas no punto 2) encádranse no tema prioritario ou medida 46: tratamento da auga (auga residual). Actuación 3.46.3: construción de novas redes de colectores (saneamento e pluviais) e emisarios. Unha maneira de facer Europa.

4. Outras informacións.

As adxudicacións dos citados contratos, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foron debidamente notificadas aos licitadores e publicadas no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2013

P.D. (Resolución 30.1.2012; DOG nº 21, do 31 de xaneiro)
Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia

missing image file