Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Venres, 21 de xuño de 2013 Páx. 24293

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Calidade Alimentaria

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2013 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego da Calidade Alimentaria no primeiro cuadrimestre do ano 2013.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (Diario Oficial de Galicia núm. 136, do 14 de xullo) impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

RESOLVO:

Artigo único.

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego da Calidade Alimentaria no primeiro cuadrimestre do ano 2013, que se incorporan como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2013

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director do Instituto Galego da Calidade Alimentaria

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Asinado

Informado

Achega total do Ingacal

Ingacal, Innaves, S.A.

Feader 2012/60: «Utilización de bacteriocinas na elaboración de vinos como alternativa ao anhidrido sulfuroso»

2.1.2013

2.10.2012

Sen obriga económica

Ingacal, Boibel Forestal, S.L.

Feder-Innterconecta para Galicia do CDTI: «Proxecto integral vertical del castaño: da mellora xenética ás produccións finais»

3.4.2013

2.4.2013

Sen obriga económica

Ingacal, Alibós Galicia, S.L.

Feder-Innterconecta para Galicia do CDTI: «Proxecto integral vertical del castaño: da mellora xenética ás produccións finais»

3.4.2013

2.4.2013

Sen obriga económica

Ingacal, Invatia Research, S.L.

Feader 2012/03: «Desenvolvemento de novos produtos alimentarios galegos: vinagres e aceites de oliva aromatizados»

15.4.2013

2.10.2012

Sen obriga económica

Ingacal, Universidade de Santiago de Compostela

Convenio para a realización de prácticas de alumnado do curso de posgrao Máster en Producción de leite (MC93)

30.4.2013

5.2.2013

Sen obriga económica