Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Venres, 21 de xuño de 2013 Páx. 24315

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se resolve a convocatoria pública LD-01/2013, do 18 de marzo de 2013, para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de supervisor/a de área funcional (Calidade).

Convocada por Resolución LD-01-2013, do 18 de marzo (DOG nº 81, do 29 de abril), a provisión dun posto de supervisor/a de área funcional, polo sistema de libre designación, a Xerencia de Xestión Integrada, á vista das solicitudes e dos méritos acreditados polos aspirantes, de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como no artigo 3 da Orde do 24 de maio de 2006, pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG nº 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e a Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun postos de supervisor/a de área funcional, realizada mediante Resolución LD-01-2013, do 18 de marzo (DOG nº 81, do 29 de abril).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa relacionada no anexo I desta resolución.

Terceiro. O réxime de cesamento na praza de orixe e de toma de posesión da praza adxudicada será o establecido no artigo 26 da Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

Contra esta resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, recurso de alzada, perante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte á súa publicación.

Ferrol, 31 de maio de 2013

Ángel José Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol

ANEXO I

Posto de traballo: supervisor/a da Área Funcional de Calidade.

Nome e apelidos: Pesado Cartelle, José Ángel.

DNI: 32630648-L.