Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Venres, 21 de xuño de 2013 Páx. 24336

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se anuncia a licitación polo procedemento aberto, suxeito a regulación harmonizada, para a contratación da obra de conexión do porto seco de Monforte de Lemos coas estradas LU-933 e CN-120. Treito: porto seco-LU-933N, cofinanciado nunha porcentaxe máxima do 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4) Teléfono: 881 99 51 74.

5) Telefax: 881 99 93 26.

6) Correo electrónico: contratacion.cmati@xunta.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19054

8) Data límite de obtención de documentación e información: 5 de agosto de 2013.

Número de expediente: 14/2013 M.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obra.

b) Descrición: obra de conexión do porto seco de Monforte de Lemos coas estradas LU-933 e CN-120. Treito: porto seco-LU-933N.

c) Prazo de execución/entrega: 18 meses.

d) Admisión de prórroga: non.

e) CPV (referencia de nomenclatura): 45233000.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os especificados no punto 3.6.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 5.117.844,98 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 5.117.844,98 €. Importe total: 6.192.592,43 €. O devandito importe está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nunha porcentaxe máxima do 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 4, tema prioritario 26.

6. Garantías exixidas:

Definitiva: 5 % do importe de licitación excluído o IVE: 255.892,25 €.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría e. Grupo A, subgrupo 2, categoría e. Grupo B, subgrupo 2, categoría e.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 5 de agosto de 2013, ás 14.00 horas.

b) Modalidade: a sinalada na cláusula 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

2) Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de recepción de ofertas. Este prazo ampliarase en quince días hábiles cando sexa necesario seguir os trámites a que se refire o artigo 152.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición: apertura de oferta técnica (sobre B).

b) Dirección: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: 26 de agosto de 2013, ás 11.00 horas. Se debido a circunstancias imprevistas houbese que modificar o acto público de apertura, publicarase a nova data no perfil do contratante.

10. Información adicional: a data e hora de apertura do sobre C (proposición económica) publicarase no perfil do contratante.

11. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 14 de xuño de 2013.

13. Otras informacións.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 3.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2013

P.D. (Orde do 15 de marzo de 2012; DOG nº 58, do 23 de marzo)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas