Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Venres, 21 de xuño de 2013 Páx. 24177

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2013 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 6 de xuño de 2013, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio xustifícase polas necesidades organizativas e funcionais do organismo.

En consecuencia, por proposta do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 6 de xuño de 2013, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Apróbase a modificación da relación de postos de traballo do organismo autónomo Instituto de Estudos de Territorio, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 6 de xuño de 2013, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio, coa finalidade de cumprir o dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2013

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

Na vixente relación de postos de traballo do Instituto de Estudos do Territorio engádese o seguinte posto de traballo de nova creación:

Persoal funcionario

INSTITUTO DE ESTUDOS DO TERRITORIO (IET)

CENTRO DE DESTINO: INSTITUTO DE ESTUDOS DO TERRITORIO

Código do posto

Denominación

Niv.

Complem. específico

Tipo posto

Forma prov.

Subgrupo

Corpo/Escala

Adscr. Adm. P.

Titulación académica

Formación específica

Observacións

MA.O31.00.000.15770.016

TÉCNICO/A EN MATERIA PAISAXÍSTICA

20

6.083,52

N

C

A1-A2

ESPECIAL

AXG

2001-2019-2086-3001-3019

OCUPADO POR PERSOAL LABORAL INDEFINIDO NON FIXO.

CÓDIGO - DESCRICIÓN DAS FORMAS DE PROVISIÓN

C CONCURSO

CÓDIGO - DESCRICIÓN DAS TITULACIÓNS ACADÉMICAS

2001 ARQUITECTURA

2019 ENXEÑARÍA

2086 LIC. SOCIOLOXÍA

3001 ARQUITECTURA TÉCNICA

3019 ENXEÑARÍA TÉCNICA

CÓDIGO - DESCRICIÓN DOUTRAS ADMINISTRACIÓNS

AXG ADSCRICIÓN EXCLUSIVA A FUNCIONARIOS DA XUNTA DE GALICIA