Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Xoves, 20 de xuño de 2013 Páx. 23906

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 7 de maio de 2013 pola que se lles dá publicidade aos beneficiarios das axudas concedidas durante o cuarto trimestre de 2012.

Advertido erro na referida resolución, publicada no DOG nº 97, do 23 de maio de 2013, procede facer a seguinte corrección:

– Na páxina 18015, no anexo II, engádese o seguinte beneficiario:

Norma reguladora:

Resolución do 29 de marzo de 2011 (DOG nº 75, do 15 de abril), pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) que aproba as bases reguladoras das axudas para a contratación de xestores de internacionalización, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2011, en réxime de concorrencia non competitiva.

Finalidade:

Facilitarlles ás empresas galegas a prospección e o acceso a novos mercados poñendo ao seu alcance axudas para a contratación de profesionais especialistas en internacionalización empresarial, conseguindo, ao mesmo tempo, a formación de especialistas en comercio exterior e a súa incorporación ao mercado laboral.

Aplicación orzamentaria:

Esta axuda será financiada con cargo ás aplicacións orzamentarias 08.A1-741A-4814 e 08.A1-741B-4813 dos orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica e cofinanciada polo Fondo Social Europeo nun 80 %, no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013, eixe 1, tema prioritario 62.

Nº expediente

Nome/razón social

Data resolución

Importe subvencionable (euros)

Subvención (euros)

IG166.2011.1.28

Asociación de Jóvenes Empresarios Vigo

28.12.2012

53.942,50

37.655,01