De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acto foi adoptado por xefe do Servizo de Protección ao Consumidor.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante os servizos centrais do Instituto Galego de Consumo, con enderezo na avenida Gonzalo Torrente Ballester, 1-5 baixo, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Santiago de Compostela, 24 de maio de 2013
Mª Sol Vázquez Abeal
Presidenta do Instituto Galego de Consumo
ANEXO
Expediente: 15R001-274-2013.
Interesada: The Phone House Spain, S.L.U.
CIF: B-81846206.
Acto notificado: acordo de inicio.