Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Xoves, 20 de xuño de 2013 Páx. 24076

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 29 de maio de 2013, da Área Provincial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nun expediente de resolución de desafiuzamento administrativo por non ocupación (expediente C-3-IV/75, conta 82).

Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidad co disposto nos seus artigos 59.4 e 61, e logo de comprobarse a desocupación da vivenda, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Vicente Ferrer, 2, andar 9º, ala sur, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcurrido o dito prazo sen terse efectuado a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 29 de maio de 2013

Luis G. Eirís Puñal
Xefe da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: C-3-IV/75, conta 82 (desafiuzamento non ocupación 5/12).

Interesados: Manuel Vicente Blanco Iglesias e outros.