Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Xoves, 20 de xuño de 2013 Páx. 23859

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2013, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables na comunidade autónoma a homologación dos ditos cursos e, no seu artigo 9, a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai realizar.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Sanea Control, S.L., de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso:

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

2. Entidade organizadora.

Sanea Control, S.L.

3. Data.

Os días 5, 6 e 13 de xullo de 2013.

4. Lugar de realización.

Edificio Multiusos

Parroquia de Guísamo, s/n

Polígono Industrial de Bergondo

15165 Bergondo

A Coruña

5. Número de prazas.

Máximo 25 alumnos.

6. Dirixido a.

Todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas.

7. Criterios de selección.

Por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes.

Solicitude segundo modelo anexo.

9. Programa.

Día 5.7.2013

15.00-16.00 horas

Introdución. Lexislación.

16.00-18.30 horas

Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria.

18.30-19.45 horas

Métodos de loita antivectorial.

19.45-21.00 horas

Riscos para o home derivados da utilización dos praguicidas.

Día 6.7.2013

9.00-10.00 horas

Interpretación de pictogramas e etiquetas de praguicidas.

10.00-11.30 horas

Praguicidas e ambiente: problemas que presentan. Destrución de envases.

11.30-12.00 horas

Hixiene e seguridade no seu manexo e aplicación.

12.00-14.00 horas

Preparación de disolucións de produtos.

16.00-18.00 horas

Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación por praguicidas.

18.00-19.00 horas

Métodos de loita antivectorial.

Día 13.7.2013

10.00-12.00 horas

Praguicidas. Descrición e xeneralidades.

12.00-14.00 horas

Boas prácticas de almacenamento de praguicidas.

16.00-18.00 horas

Resolución de exercicios prácticos.

18.00-19.00 horas

Avaliación tipo test.

10. Certificado de superación do curso.

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos, e en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente co que poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2013

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO
Ficha de solicitude de inscrición
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico

Entidade organizadora: Sanea Control, S.L.

Datas: os días 5, 6 e 13 de xullo de 2013.

Lugar de realización do curso:

Edificio Multiusos

Parroquia de Guísamo, s/n

Polígono Industrial de Bergondo

15165 Bergondo (A Coruña)

Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: o día 5 de xullo en horario de 15.00-21:00 h, o 6 de xullo de 9.00-14.00 horas e de 16.00-19.00 horas e o 13 de xullo de 10.00-14.00 e de 16.00-19.00 horas.

Nº de prazas: máximo 25 alumnos.

Presentación de solicitudes:

Enviarase, como data límite o 28 de xuño de 2013, a ficha de inscrición xunto cunha copia do DNI, fotografía tamaño carné e xustificante de pagamento a Sanea Control, S.L., avenida da Mahía, 106, baixo, 15220 Bertamiráns, Ames (A Coruña). Teléfono: 981 88 69 24/639 60 63 81. Fax: 881 24 29 45, correo electrónico saneacontrol@yahoo.es

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.

NOME:

APELIDOS:

CARGO/ACTIVIDADE DESEMPEÑADA:

EMPRESA:

SECTOR ACTIVIDADE:

ENDEREZO:

CP:

LOCALIDADE:

PROVINCIA:

TELEFONO:

FAX:

CORREO ELECTRÓNICO: