Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Martes, 18 de xuño de 2013 Páx. 23522

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se anuncia a contratación do servizo de mantemento do edificio e instalacións do Hospital do Salnés, mediante procedemento aberto, multicriterio e tramitación ordinaria (AB-EIP1-13-014).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2) Domicilio: avenida de Vigo, 16.

3) Localidade e código postal: Pontevedra 36003.

4) Teléfono: 986 88 51 33.

5) Telefax: 986 88 58 85.

6) Correo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, agás os sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: AB-EIP1-13-014.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo de servizos.

b) Descrición: servizo de mantemento do edificio e instalacións do Hospital do Salnés, que abrangue: mantemento preventivo, correctivo, técnico-legal, condución e vixilancia das instalacións, reparación e obras menores.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: Hospital do Salnés.

1) Domicilio: r/ Hospital do Salnés, 30.

2) Localidade e código postal: 36619 Vilagarcía de Arousa.

e) Prazo de execución/entrega: 12 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV(referencia de nomenclatura): 50700000-2; 45259000-7; 50000000-5 e 50530000-9.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 385.551,60 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 157.368,00 euros. Importe total: 190.415,28 euros.

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva (%): cinco por cento do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 15.7.2013.

b) Modalidade de presentación: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

2) Domicilio: r/ Loureiro Crespo, 2.

3) Localidade e código postal: 36001 Pontevedra.

4) Enderezo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

d) Admisión de variantes, se procede: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: procederase á apertura dos sobres B e C e daráselles lectura ás propostas.

b) Enderezo: publicarase no perfil do contratante.

c) Localidade e código postal: 36003 Pontevedra.

d) Data e hora: a data e a hora de celebración da apertura dos sobres B e C publicaranse no perfil do contratante: www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario ou adxudicatarios. O importe estimado máximo, salvo revisión de tarifas, no DOG é de 5,42 €/liña (se é urxente, 10,82 €/liña); BOE: 11,552231 €/liña de título e 12,677753 €/liña de texto (se é urxente, o importe multiplicarase por dous).

11. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (de ser o caso): 29.5.2013.

12. Outras informacións.

Pontevedra, 15 de maio de 2013

P.D. (Artigo 5 da Orde do 5 de xullo de 2012)
José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés