Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Martes, 18 de xuño de 2013 Páx. 23507

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

ANUNCIO do 29 de maio de 2013, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, polo que se notifica o acordo da revogación da autorización e da cancelación da inscrición do centro especial de emprego Textil Costa Oeste, S.L.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de seren intentada sen éxito as notificacións persoais a través do servizo de Correos, notifícase o acordo de revogación da autorización e da cancelación da inscrición do centro especial de emprego titularidade da entidade Textil Costa Oeste, S.L., con domicilio social no Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo, oficinas 16-18, no concello de Vigo (Pontevedra), acordado pola Dirección Xeral de Traballo e Economía Social con data do 13 de maio de 2013.

A representación legal da entidade poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas dependencias da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, situadas no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, andar 0, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro do acordo.

Transcorrido o prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte á data de finalización deste.

Este anuncio remitirase, así mesmo, aos concellos correspondentes ao último domicilio coñecido da entidade, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que se proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2013

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social