Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Luns, 17 de xuño de 2013 Páx. 23374

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de licitación (L-2/2013).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Departamento de Contratación. b) Número de expediente: L-2/2013.

2. Obxecto do contrato: limpeza do Centro Municipal de Empresas no Igrexario da Grela. Duración: tres anos, prorrogables por tres máis.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 24.200,00 € anuais, IVE incluído.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación: web municipal (perfil do contratante): www.coruna.es
Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Correo electrónico:
contratacion@aytolacoruna.es d) Enderezo: praza de María Pita, 1-2º.

7. Clasificación: grupo U, subgrupo 1, categoría A.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: quince días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e que remata ás 13.00 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará automaticamente prorrogado ao día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura das proposicións técnicas e económicas: a) Lugar: véxase punto 6. b) Data e hora: publicarase no perfil do contratante.

10. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 10 de xuño de 2013

P.D.
Rosa Mª Gallego Neira
Tenente alcalde responsable de Facenda e Administración Pública