Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Luns, 17 de xuño de 2013 Páx. 23352

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 29 de maio de 2013 pola que se notifica a imposición dunha multa coercitiva devolta polo servizo de Correos por resultar os seus destinatarios ausentes na repartición (expediente IU3/153/2009-A1).

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 30 de abril de 2013, resolución pola que se lles impón unha multa coercitiva a Isidro Estévez Rodríguez e Beatriz Escudero Pérez, como consecuencia de incumprir a Resolución do 21 de maio de 2010, pola que se ordena a demolición das obras consistentes na construción dunha vivenda unifamiliar que consta de semisoto, planta baixa e baixo cuberta, no lugar de Petín, no termo municipal de Petín.

Ao non se poder realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados a dita resolución.

Tendo en conta que o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, situadas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Unha vez transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución os interesados poden interpoñer recurso de reposición ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación, ou ben, se non exercen o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística