Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Luns, 17 de xuño de 2013 Páx. 23350

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CÉDULA do 10 de maio de 2013, da Secretaría Xeral do Mar, pola que se notifica o requirimento de documentación relativo a un expediente de regularización a Andrés Dacosta Señoráns.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), tras estar ausente do seu domicilio nos dous intentos practicados pola Administración, notifícaselle a Andrés Dacosta Señoráns o requirimento de documentación relativo ao expediente de regularización da embarcación Brisa del Mar (VILL-4-1161) ao abeiro do Real decreto 1081/2012.

O prazo para achegar a devandita documentación é de 10 días hábiles contados desde o día hábil seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo sen que achegue a devandita documentación; terase por desistido da solicitude de regularización da devandita embarcación.

O expediente que a seguir se relaciona e que está á disposición do interesado atópase na Secretaría Xeral do Mar, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela:

Número de expediente: PE117A 2007/.

Nome: Andrés Dacosta Señoráns.

Enderezo: rúa Chasán, 11, 36626 A Illa de Arousa (Pontevedra).

Embarcación: Brisa del Mar VILL-4-1161.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2013

Juan Carlos Maneiro Cadillo
Secretario xeral do Mar