Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Luns, 17 de xuño de 2013 Páx. 23336

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 27 de maio de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificacións de acordos de inicio do procedemento de reintegro de axudas pola transformación en indefinidos de determinados contratos temporais subscritos con mozos e mozas, reguladas na Orde do 26 de marzo de 2008 (Diario Oficial de Galicia núm. 63, do 2 de abril), relativa aos expedientes TR347E 2008/000079-1 e tres máis.

Intentada a notificación das ditas resolucións segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento delas.

Así mesmo, fáiselles saber o dereito que os asiste para que poidan realizar as alegacións e presentar documentación que consideren oportuna, no prazo de quince días, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación.

Á vista das alegacións e da documentación achegada, ou transcorrido o prazo concedido para efecto, ditarase a resolución que lle corresponda respecto ao reintegro da subvención concedida.

Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rúa Salvador de Madariaga, nº 9, 1º, na Coruña, e a obter, se é o caso, copia da resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 27 de maio de 2013

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: TR347E 2008/000079-1.

Nome ou razón social: Ecofloat Galicia, S.L.

DNI/NIF: B36994713.

Último enderezo coñecido: Paseo do Areal, 15, 1º C, 15940 A Pobra do Caramiñal (A Coruña).

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo os/as traballadores/as contratados/as ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: base novena do anexo E, punto 1, da orde de convocatoria.

Contido da resolución: iniciar o expediente declarativo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR347E 2008/000102-1.

Nome ou razón social: Artabros Stone, S.L.

DNI/NIF: B15949597.

Último enderezo coñecido: avda. Fernández Latorre, 53, 3º D, A Coruña.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo os/as traballadores/as contratados/as ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: base novena do anexo E, punto 1, da orde de convocatoria.

Contido da resolución: iniciar o expediente declarativo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR347E 2008/000109-1.

Nome ou razón social: Gestal Sanmartín, José Antonio.

DNI/NIF: 33295835T.

Último enderezo coñecido: rúa do Xeixo, 1, 1º B, 15895 Ames (A Coruña).

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo os/as traballadores/as contratados/as ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: base novena do anexo E, punto 1, da orde de convocatoria.

Contido da resolución: iniciar o expediente declarativo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR347E 2008/000112-1.

Nome ou razón social: Alemar Multiservicios, S.L.

DNI/NIF: B70075668.

Último enderezo coñecido: avda. Cataluña, 20, 2º, 15578 Narón (A Coruña).