Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Venres, 14 de xuño de 2013 Páx. 22975

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 4 de xuño de 2013, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fai pública a lista definitiva dos opositores que deberán realizar a proba de acreditación do coñecemento de lingua galega, nos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de inspectores de educación e de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira do corpo de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertidos erros na referida orde, publicada no DOG nº 110 do martes 11 de xuño de 2013, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 22013 do referido DOG, onde di: «Prado Castro, Santos María, 33841343V», debe eliminarse da referida relación ao non ter que facer a proba de acreditación do coñecemento de lingua galega.