Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Xoves, 13 de xuño de 2013 Páx. 22720

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rianxo

ANUNCIO de adxudicación e formalización do contrato do servizo de axuda no fogar do sistema de autonomía persoal e atención á dependencia.

Por Resolución da Alcaldía 580/2012, do 8 de novembro, resolveuse a adxudicación do contrato indicado que se publica consonte o prego e para os efectos do artigo 154 do Real decreto 3/2011, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público. Así mesmo, unha vez interposto recurso especial en materia de contratación, desestimado por R.A. 22/2013, do 29 de xaneiro, e transcorrido o prazo para interpor recurso en vía contencioso-administrativa, ditouse R.A. 177/2013, do 17 de abril, pola que se ordena a formalización do contrato.

A dita adxudicación foi conforme as seguintes que se relacionan:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Rianxo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Enderezo do perfil do contratante: http://www.concelloderianxo.es/perfildocontratante

d) Domicilio: praza de Castelao, nº 1.

e) Localidade e código postal: Rianxo 15920.

f) Teléfono: 981 86 00 75.

g) Fax: 981 86 66 28.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: contrato administrativo de servizo.

b) Descrición do obxecto do contrato: servizo de axuda no fogar (SAF) do sistema de autonomía persoal e atención á dependencia no concello de Rianxo.

c) Prazo de execución: 24 meses, prorrogable 12 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

c) Forma de adxudicación: poxa.

4. Orzamento base de licitación e tipo de licitación:

a) Orzamento total (IVE incluído): 372.374,88 €.

b) Orzamento sen IVE (valor estimado) de: 358.052,77 €.

c) IVE (21 %): 14.322,11 €.

d) Tipo de licitación:

– Hora normal: 10,80.

– Hora domingo/festivo: 13,50.

5. Adxudicación:

a) Adxudicataria: Marine Bos Aires Galicia, S.L.

b) Data da resolución de adxudicación: 8 de novembro de 2012.

1) Importe de adxudicación: 240.630 €, IVE incluído, que se desagrega en:

2) Valor estimado de: 231.375,60 €.

3) IVE (21 %): 9.255,02 €.

4) Tipo ofertado:

– Hora normal: 10,67.

– Hora domingo/festivo: 11,58.

6. Formalización do contrato: 19 de abril de 2013.

Rianxo, 23 de abril de 2013

Adolfo Muíños Sánchez
Alcalde