Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Xoves, 13 de xuño de 2013 Páx. 22718

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Betanzos

ANUNCIO de información pública sobre apertura dun bazar (expediente de obras 82/2013 e de apertura 3/2013).

Euro Cien Asia, S.L. solicita licenza de obras e apertura para un bazar (almacén-venda polo miúdo de artigos de menaxe, fogar etc.), na avda. Fraga Iribarne, nº 5, baixo, segundo proxecto adjunto (expediente de obras 82/2013 e de apertura 3/2013). En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, exponse o citado expediente a información pública por un período de vinte días contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, co fin de que durante este, quen se considere afectado dalgún modo pola dita actividade poida examinar o expediente orixinado e presentar as observacións ou alegacións que considere oportunas.

Betanzos, 20 de maio de 2013

José Ramón García Vázquez
Alcalde presidente