Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Xoves, 13 de xuño de 2013 Páx. 22734

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Federación Galega de Pesca e Casting

ANUNCIO de modificación dos estatutos.

Aprobada a modificación dos estatutos pola Asemblea Xeral da Federación Galega de Pesca e Casting, en reunión extraordinaria do 3 de febreiro de 2013, e ratificada pola Secretaría Xeral para o Deporte en Resolución do 21 de marzo de 2013, de conformidade co artigo 54.7º da Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, procédese ao anuncio da modificación de diversos artigos dos seus estatutos e regulamento de disciplina incluído neles, dos cales se depositará copia íntegra no Rexistro de Entidades Deportivas e Deportistas de Galicia e na Secretaría Xeral para o Deporte.

A Coruña, 29 de abril de 2013

Gerardo Orol Castro
Presidente da Federación Galega de Pesca e Casting