Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Xoves, 13 de xuño de 2013 Páx. 22696

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo correspondente ao expediente de contratación 2013.11.TES.A -Servizo para a realización de actividades de asesoramento, acompañamento de proxectos empresariais cooperativos, dinamización e promoción do cooperativismo e a economía social, dentro da Rede Eusumo.

En cumprimento do artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2012, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do contrato que se relaciona a continuación:

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Traballo e Benestar.

a) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

b) Enderezo na internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo para a realización de actividades de asesoramento, acompañamento de proxectos empresariais cooperativos, dinamización e promoción do cooperativismo e a economía social, dentro da Rede Eusumo.

c) Tipo de fondo: programa operativo do Fondo Social Europeo 2007-2013.

3. Tramitación e procedemento: ordinaria, non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación: cento cincuenta e oito mil seiscentos setenta e sete euros con sesenta e nove céntimos de euro (158.677,69 €) máis trinta e tres mil trescentos vinte e dous euros con trinta e un céntimos de euro (33.322,31 €) correspondentes ao 21 % de IVE, o que suma un importe total de cento noventa e dous mil euros (192.000,00 €).

5. Adxudicación:

a) Data: 14 de maio de 2013.

b) Contratista: XEDEGA, Sociedade Cooperativa Galega.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: cento dezanove mil cincocentos setenta e cinco euros (119.575,00 €), máis vinte e cinco mil cento dez euros con setenta e cinco céntimos de euro (25.110,75 €), en concepto de IVE (21 %), do que resulta un total de cento corenta e catro mil seiscentos oitenta e cinco euros con setenta e cinco céntimos de euro (144.685,75 €).

6. Formalización: 16 de maio de 2013.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2013

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar