Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Xoves, 13 de xuño de 2013 Páx. 22700

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 28 de maio de 2013, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se notifica a resolución de suspensión total da acreditación para actuar como servizo de prevención.

O 30 de abril de 2013, o director xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar ditou a resolución para suspender totalmente a acreditación que se concedeu a Ingeniería, Medio Ambiente y Prevención del Noroeste S.L.U. (iPRENOR) co CIF B15856339, para actuar como servizo de prevención alleo ás empresas.

Intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto número 5 do referido artigo, notifícase a Ingeniería, Medio Ambiente y Prevención del Noroeste, S.L.U. (iPRENOR) co CIF B15856339, con domicilio na rúa Perpetuo Socorro, nº 1, piso 1º dereita, 15006 A Coruña, o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber que ten un prazo dun mes, contado desde o seguinte ao da publicación desta cédula, para acreditar ante a Administración que reúne as condicións e os requisitos para reiniciar a actividade. Transcorrido este prazo sen que presente ningunha documentación tendente a obter a acreditación como servizo de prevención, esta quedará definitivamente revogada sen necesidade de máis trámites.

Infórmoa do dereito que a asiste para interpoñer un recurso de alzada ante a conselleira de Traballo e Benestar no prazo dun mes, contado desde o seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e recórdaselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta dirección xeral, situada no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2013

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social

ANEXO

Expediente de revogación da acreditación.

Interesada: Ingeniería, Medio Ambiente y Prevención del Noroeste, S.L.U. (iPRENOR).

CIF: B15856339.

Último enderezo coñecido: rúa Perpetuo Socorro, nº 1, piso 1º dereita, 15006 A Coruña.

Data de efectos da suspensión total da acreditación: 30 de abril de 2013.

Especialidades preventivas: seguridade no traballo, hixiene industrial, ergonomía e psicosocioloxía aplicada.

Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.