Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Xoves, 13 de xuño de 2013 Páx. 22681

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 2013/26-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Universidade de Santiago de Compostela.

Domicilio social: praza do Obradoiro, s/n, 15701 Santiago de Compostela.

Denominación: LMT e CT de 400 kVA.

Situación: Museo Luis Iglesias, parque Vista Alegre.

Características técnicas: CS en caseta prefabricada, con 3 interruptores-seccionadores de 24 kV, 400 A, alimentado da LMT LA SCY810V entre o SC SGAE (15CCTN) e o CT Maristas (15CD16). Derivación LMT soterrada desde CS que se vai construír, en cable RHZ1 1*95 AL, CT con transformador de 400 kVA, 20/0,42 kV en resina. Aparamenta de manobra, protección e medida en cabinas prefabricadas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións neste xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte á publicación, artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 21 de febreiro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña