Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Mércores, 12 de xuño de 2013 Páx. 22410

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Barbadás

ANUNCIO de información pública sobre taller de mantemento e limpeza do automóbil na Valenzá.

José Manuel Carballo Domínguez, en representación de Carballo Domínguez AA, S.L., solicitou neste concello licenza municipal para a actividade de taller de mantemento e limpeza do automóbil na rúa Garrida, nº 7, baixo, A Valenzá.

Exponse ao público este edito durante o prazo de vinte (20) días, de conformidade co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental.

Todas as persoas que se consideren afectadas pola actividade poderán examinar o expediente, na Secretaría deste concello, desde o día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, e formular as alegacións ou observacións que xulguen oportunas.

Barbadás, 20 de maio de 2013

José Manuel Freire Couto
Alcalde