Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Mércores, 12 de xuño de 2013 Páx. 22413

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilaboa

ANUNCIO de información pública (expediente 78/2012).

De conformidade co disposto na Instrución 2/2011, do 12 de abril, para a aplicación da disposición transitoria terceira da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, tramitouse, por instancia de Manuel Rodríguez Janeiro, a declaración de incursión na situación legal de fóra de ordenación total da actividade de taller para reparación de vehículos sito na Ramalleira, 42, Santa Comba de Bértola (parcela 383 do polígono 2).

De acordo co proxecto técnico presentado de recoñecemento da actividade indicada, e en cumprimento do preceptuado no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, en relación co artigo 86 da Lei 30/1992, ábrese un período de información pública por un prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG e no BOP de Pontevedra, para que os que se consideren afectados dalgunha maneira pola actividade que se pretende legalizar poidan examinar o expediente e facer, de ser o caso, as alegacións pertinentes.

Vilaboa, 14 de maio de 2013

José Luis Poceiro Martínez
Alcalde