Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Mércores, 12 de xuño de 2013 Páx. 22328

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (1055/2012).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1055/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisca Mercedes Sánchez Losada contra Esabe Vigilancia, S.A., Castellana de Seguridad, S.A.U. e o Fogasa, sobre cantidade, ditouse resolución o 10.5.2013, dirixida entre outros a Esabe Vigilancia, S.A., contra a que cabe interpoñer o oportuno recurso de suplicación no prazo de cinco días. Fáiselles saber aos interesados que no devandito órgano xudicial poderán ter coñecemento íntegro do acto.

E para que sirva de notificación en legal forma a Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 22 de maio de 2013

A secretaria xudicial