Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Mércores, 12 de xuño de 2013 Páx. 22384

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

EDICTO do 22 de maio de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican diversas resolucións de recursos de alzada xestionadas nesta xefatura territorial.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día, coas resolucións ditadas nos procedementos instados polos interesados, publícase mediante este edicto, de conformidade co disposto no artigo 61 da mencionada lei, o contido das resolucións, contra as que se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a xurisdición competente no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte á data desta publicación, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. No prazo dun mes e de acordo co referido no artigo 61 da antedita Lei 30/1992, poderán comparecer persoalmente ou debidamente representados, na Xefatura Territorial de Traballo e Benestar da Coruña (Salvador de Madariaga, 9, 1º andar), para os efectos do coñecemento do texto íntegro da resolución e do resto do expediente.

A Coruña, 22 de maio de 2013

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Interesado/a

DNI/NIE

Nº expediente

Resolución

Concello

Mónica Rodríguez Álvarez

11955500-P

15/011/0016/12

Recurso de alzada desestimado

Boiro

María Inés Cacheda Gómez

76819214-L

15/078/0007/12

Recurso de alzada estimado

Santiago de Compostela