En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei 9/2006, do 28 de abril, de avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, faise pública a decisión de non someter o Plan especial de reforma interior da unidade de actuación 5 do Concello de Arteixo ao procedemento establecido no seu artigo 7.
Esta decisión pódese consultar na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no seguinte enderezo da internet:
http://www.cmati.xunta.es/busca-por-palabra-clave, introducindo o código: 1522/2013.
Santiago de Compostela, 21 de maio de 2013
Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental