Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Mércores, 12 de xuño de 2013 Páx. 22369

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 15 de maio de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2013072TA-OU, incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data 5 de abril do 2013, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Ourense acordou o inicio do expediente sancionador 2013072TA-OU, a María Lucía de Lima, NIF X2887663J, propietaria do bar Dos Hermanas, con domicilio na avenida de Ourense, 138, 32630 Xinzo de Limia (Ourense).

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a María Lucía de Lima, NIF X-2887663-J, propietaria do bar Dos Hermanas, con domicilio na avenida de Ourense, 138, 32630 Xinzo de Limia (Ourense), o contido do referido acordo de inicio que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de quince días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, e recórdaselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avda. de Zamora, nº 13, Ourense, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido de dito acordo no mencionado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación a interesada, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 39/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 15 de maio de 2013

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente sancionador: 2013072TA-OU.

Denunciada: María Lucía de Lima, propietaria do bar Dos Hermanas.

Documento de identificación: NIF X2887663J.

Última dirección coñecida: avenida de Ourense, 138. 32630 Xinzo de Limia (Ourense).

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Precepto infrinxido: artigo 19.2.a) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a suministración, o consumo e a publicidade dos produtos de tabaco.

Tipificación: leve.

Sanción proposta: cen euros (100,00 €).