Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Martes, 11 de xuño de 2013 Páx. 22043

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Vilar de Barrio (expediente IN407A 2012/40-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Torres Cámara y Cía. de Obras Vimac, S.A.

Domicilio social: avenida da Florida 157, 36210 Vigo.

Denominación: LMT e CT provisional para obra de túnel do AVE en Prado.

Situación: Prado-Vilar de Barrio.

Características técnicas: LMT aero-subterránea a 20 kV de 977 m en aéreo con condutor LA56, 50 m en subterráneo con condutor RHZ1, con orixe no apoio 178/210 de liña VER 811 Laza e remate no CT proxectado prefabricado en caseta de 1.000 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

Orzamento: 83.484,25 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 16 de abril de 2013

P.S.L. (Decreto 324/2009, do 11 de xuño)
María D. Pérez Ayuso
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas