Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Martes, 11 de xuño de 2013 Páx. 22049

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, coa necesidade de urxente ocupación que implica, a aprobación do proxecto de execución, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal da instalación eléctrica e o estudo ambiental das instalacións referidas ao parque eólico Dos Cotos (concello de Cotobade-provincia de Pontevedra, expediente IN661A 2011/18-4).

En cumprimento do disposto na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia; no Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos, modificado pola Lei 6/2010, do 24 de marzo; no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal; na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia; e na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia; sobre autorización de instalacións eléctricas, sométense a información pública, a solicitude da empresa Tiraventos, S.L., as instalacións que a seguir se describen:

Título: parque eólico Dos Cotos.

Solicitante: Tiraventos, S.L.

Domicilio social: Polígono de Torneiros, s/n, A Relva, 36410 O Porriño.

Municipios afectados: Cotobade.

Superficie afectada: 526,54 ha.

Emprazamento: (coordenadas UTM).

Coordenadas da poligonal:

X

Y

X

Y

541.630

4.699.620

541.039

4.702.915

540.940

4.699.830

540.937

4.702.295

540.630

4.700.410

541.136

4.702.109

541.711

4.701.825

541.072

4.701.907

541.451

4.701.802

541.286

4.701.811

541.313

4.701.778

541.439

4.701.823

540.999

4.701.870

541.711

4.701.889

541.079

4.702.070

542.412

4.701.255

540.892

4.702.249

542.391

4.700.850

539.617

4.702.288

542.987

4.700.059

539.501

4.702.503

541.760

4.698.310

539.547

4.702.882

541.520

4.698.760

540.607

4.703.342

As coordenadas dos aeroxeradores son:

X

Y

540.591

4.703.049

539.744

4.702.572

541.022

4.700.128

541.447

4.700.278

541.905

4.700.823

542.321

4.700.564

542.556

4.700.312

542.663

4.700.004

542.172

4.699.403

542.198

4.699.942

Características técnicas do parque eólico:

• 10 aeroxeradores, cunha potencia nominal unitaria de 3.000 kW.

• Potencia total admitida: 30 MW.

• Produción neta anual estimada: 101.926,80 MWh/ano.

• Orzamento total: 34.492.721,84 euros.

Características técnicas da infraestrutura eléctrica de xeración, transformación e interconexión:

• 10 transformadores de 3.500 kVA instalados no interior do aeroxerador cunha relación de transformación 0,40/30 kV.

• Rede subterránea de interconexión entre as máquinas existentes, a 30 kV.

• Subestación transformadora equipada con transformador de 45 MVA, relación de transformación 30/66 kV, aparellaxe de medida, protección, telemando, grupo electróxeno e demais equipamento auxiliar.

Obxecto da información pública:

• Estudo ambiental.

• Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.

• Autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública das instalacións que comprende o proxecto do parque eólico.

A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

A relación concreta e individualizada dos propietarios, bens e dereitos afectados figuran no anexo que se insire con esta resolución.

O que se fai público para coñecemento xeral e dos propietarios dos predios e demais titulares de dereitos afectados que non chegaron a un acordo coa entidade solicitante e que figuran na relación do anexo que se insire con esta resolución, así como das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar o proxecto e presentar as alegacións que consideren oportunas nesta xefatura territorial, sita na avda. Fernández Ladreda, n° 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación desta resolución ou notificación individual.

O prazo de información pública para o proxecto sectorial é de 30 días contados a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. O proxecto sectorial poderase examinar nesta xefatura territorial e no concello de Cotobade.

Así mesmo, o estudo ambiental correspondente ás instalacións do parque eólico poderase examinar nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas en Pontevedra, concello de Cotobade, e nesta Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, e poden presentarse ante ela cantas alegacións se consideren oportunas dentro do mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior.

Rematado o dito prazo, o expediente, xunto coas alegacións recibidas, remitiranse á Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Esta publicación faise igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar ou o medio de notificación, ou ben cando, intentada a notificación, non se puidese realizar.

Pontevedra, 6 de maio de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

P.E. Dos Cotos

Concello: Cotobade

Provincia: Pontevedra

Superficie en m2

Pleno dominio

Servidume vía e gabia

Servidume de voo

Servidume de protección eólica

predio

polígono

Nº predio

catastro

Concello

Nome

Enderezo

Cimentación

Plataforma

Subes-tación

Vías

Gabia

Voo

P. eólica

Clasificación

Paraxe

1

41

782

Cotobade

CMVMC de Viascón

Bouza 4, Viascón, 36121 Cotobade

 

 

 

 

 

82

14.381

Mato

Porteliño

2

41

62

Cotobade

CMVMC de Carballedo

Paraños 14, Carballedo,

36856 Cotobade

962

1.957

 

4.688

168

4.808

44.260

Mato, eucaliptos

Monte Castelo

3

41

774

Cotobade

CMVMC de Rebordelo

Martices 7, Rebordelo, 36857 Cotobade

 

 

 

16.302

5.559

 

 

Prados ou pradarías, piñeiral para madeira

Monte Castelo

4

518

2.225

Cotobade

Descoñecido

Descoñecido

 

 

 

 

126

 

 

Prados ou pradarías, carballeira

Noveleiras

5

518

2.226

Cotobade

Descoñecido

Descoñecido

 

 

 

 

10

 

 

Prados ou pradarías, carballeira

Noveleiras

6

41

777

Cotobade

Descoñecido

Descoñecido

962

2.400

 

10.434

402

5.369

26.661

Mato, eucaliptos

Monte Castelo

7

41

786

Cotobade

Descoñecido

Descoñecido

 

 

 

873

 

 

 

Mato

Porteliño

8

514

1.903

Cotobade

Descoñecido

Descoñecido

 

 

 

 

281

 

 

Piñeiral para madeira

Coba

9

55

267

Cotobade

CMVMC de Rebordelo

Martices, 7, Rebordelo,

36857 Cotobade

962

2.310

4.011

24.427

6.821

5.496

52.985

Mato, eucaliptos e piñeiral para madeira

Coto do Facho

10

57

249

Cotobade

CMVMC de Rebordelo

Martices, 7, Rebordelo,

36857 Cotobade

962

1.919

 

10.261

 

4.969

41.577

Mato

Freixa

11

55

239

Cotobade

CMVMC de Borela

Senra-Borela,

36858 Cotobade

1.517

3.246

 

5.881

 

7.999

72.345

Mato, eucaliptos

Sistalto

12

56

446

Cotobade

CMVMC de Borela

Senra-Borela,

36858 Cotobade

277

513

 

3.749

 

1.836

17.692

Mato, eucaliptos

Monte da Pena

13

54

90

Cotobade

CMVMC de Rebordelo

Martices, 7, Rebordelo,

36857 Cotobade

1.924

4.211

 

15.204

4.314

10.816

58.304

Mato, eucaliptos e piñeiral

para madeira

Martices

14

54

771

Cotobade

CMVMC de Loureiro

Loureiro,

36855 Cotobade

962

2.188

 

3.747

1.375

5.488

55.311

Mato, piñeiral para madeira, pastos

Cornas

15

57

250

Cotobade

CMVMC de Loureiro

Loureiro,

36855 Cotobade

 

 

 

450

 

 

 

Mato

Freixa

16

57

30

Cotobade

CMVMC de Borela

Senra-Borela,

36858 Cotobade

962

1.246

 

1.307

 

5.827

22.128

Mato

Freixa