Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Martes, 11 de xuño de 2013 Páx. 22037

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 16 de maio de 2013, do Servizo de Mobilidade de Lugo, pola que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente LU-00534-O-2013 e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións que o xefe territorial ditou nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa vixente dos transportes terrestres porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Fáiselles saber que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, o interesado deberá aboar a multa imposta a través dun ingreso en calquera oficina do BBVA, de Caixa Galicia, de Caixanova ou de Banesto, empregando o modelo impreso que se facilitará neste Servizo de Mobilidade.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Lugo, 16 de maio de 2013

Mª del Pilar Represa Fernández
Xefa do Servizo de Mobilidade de Lugo

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data; hora; estrada; p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

LU-00534-O-2013

4540-DCY

Garda Civil 2704 N31187R

Transplan Lucus, S.L.

B27426923

Caravel 14, planta 3G

27003 Lugo

A contratación de transporte con transportistas ou intermediarios non autorizados.

18.2.2013; 9.45; LU-113; 0,00

Art. 141.27 LOTT, Art. 198.27 ROTT

Art. 143.1.d) LOTT, Art. 201.1.d) ROTT

0 euros

LU-01812-O-2012

9779-DSF

Garda Civil 1525 W59971A

Hormigones Cuiña, S.L.

B15754849

Padre Feijoo 11

15004 A Coruña

Exceso de peso sobre a MMA superior ao 2,5 % ata o 6 %, en vehículos de máis de 20 Tm. Exceso de peso superior ao 2,5 %.

9.10.2012; 10.39; AG-64; 54,500

Art. 142.2 LOTT, Art. 199.2 ROTT

Art. 143.1.c) LOTT, Art. 201.1.c) ROTT

301 euros