Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Luns, 10 de xuño de 2013 Páx. 21788

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2013 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizos de mensaxaría e manipulación de correspondencia.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do TRLCSP, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de servizos:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Complexo Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección de Servizos Xurídicos.

c) Número de expediente: PA 2/12.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizos de mensaxaría e manipulación de correspondencia.

c) División por lotes e número: 2.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG do 10.5.2012.

3. Tramitación, procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento de adxudicación: aberto.

4. Valor estimado do contrato.

5. Orzamento base de licitación: 169.479 € (cento sesenta e nove mil catrocentos setenta e nove euros), máis IVE.

6. Formalización.

– Lote 1: servizos de mensaxaría.

a) Data de adxudicación: 31.1.2013.

b) Data de formalización do contrato: 20.3.2013.

c) Contratista: J.C. Courier, S.L.

d) Nacionalidade: española.

e) Importe de adxudicación: 85.112 € máis IVE.

– Lote 2: servizo de manipulación e entrega de correspondencia.

a) Data de adxudicación: 31.1.2013.

b) Data de formalización do contrato: 20.3.2013.

c) Contratista: Routvigo, S.L.

d) Nacionalidade: española.

e) Importe de adxudicación: 20.620 € máis IVE.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2013

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica