Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Luns, 10 de xuño de 2013 Páx. 21799

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Rúa

ANUNCIO de información pública sobre venda de produtos fitosanitarios.

Marcos Prada Ginzo solicitou licenza municipal para ampliar a licenza, actualmente de floraría, a venda de produtos fitosanitarios no baixo da rúa Doctor Vila, número 6. En cumprimento do disposto polo artigo 8, número 3, do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días co fin de que durante este período, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

A Rúa, 21 de maio de 2013

Avelino García Ferradal
Alcalde