Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Luns, 10 de xuño de 2013 Páx. 21802

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xinzo de Limia

ANUNCIO de información pública sobre o estudo de detalle de modificación de aliñacións de Paredes.

Aprobado inicialmente o 20 de maio de 2013 o estudo de detalle de iniciativa pública de modificación de aliñacións no núcleo rural de Paredes, elaborado en febreiro de 2013 polo arquitecto asesor municipal Manuel Vidal García, que afecta a unha vía secundaria do núcleo que termina en fondo de saco, sen comunicación con outra vía, que se atopa en solo cualificado como vía no Plan xeral de ordenación Urbana de Xinzo de Limia e dentro do perímetro de delimitación do núcleo rural de Paredes, conta a área delimitada na zona de actuación cunha superficie total de 154 m2 (plano nº 4), e co que se pretende unha reorganización do sistema viario para obter unha vía con aliñacións regularizadas.

En cumprimento do acordo da Xunta de Goberno Local do 20 de maio de 2013 e do artigo 86.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte días, contados desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o período de información pública quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo, para os efectos de que se presenten as alegacións e suxestións que se consideren pertinentes.

A aprobación inicial do estudo de detalle comporta a suspensión do outorgamento de licenzas no ámbito afectado por el, suspensión que se extinguirá coa aprobación definitiva do estudo de detalle.

Xinzo de Limia, 21 de maio de 2013

Antonio Pérez Rodríguez.
Alcalde