Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Luns, 10 de xuño de 2013 Páx. 21755

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se dispón a publicación no Diario Oficial de Galicia da modificación do artigo 2 dos estatutos (Domicilio social) da entidade Hábitat Social, Sociedade Cooperativa Galega.

O artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, modificada pola Lei 14/2011, do 16 de decembro, e o artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do rexistro de cooperativas de Galicia, establecen a obrigatoriedade da publicación, no Diario Oficial de Galicia, da modificación do artigo 2 dos estatutos, Domicilio social da entidade Hábitat Social, Sociedade Cooperativa Galega, que pasa a ser praza de Azcárraga, número 6, baixo, 15001 A Coruña (A Coruña),

RESOLVO:

Dispoñer a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da modificación do artigo 2 dos estatutos, Domicilio social, da entidade Hábitat Social, Sociedade Cooperativa Galega, pasando a ser praza de Azcárraga, número 6, baixo, 15001 A Coruña (A Coruña).

A Coruña, 20 de maio de 2013

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña