Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Luns, 10 de xuño de 2013 Páx. 21758

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

ANUNCIO do 3 de maio de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a inscrición do acordo de disolución da entidade San Miguel de Reinante, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto na disposición transitoria terceira da Lei 14/2011, do 16 de decembro, pola que se modifica a Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e na disposición transitoria terceira do Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta xefatura territorial resolveu inscribir a disolución de pleno dereito da entidade San Miguel de Reinante, S. Coop. Galega, número 805, con efectos desde o 1 de xaneiro de 2003.

Lugo, 3 de maio de 2013

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo