Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Luns, 10 de xuño de 2013 Páx. 21753

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 21 de maio de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica á empresa Minera Santalla, S.L., como interesada, a resolución de remate de procedemento relativo á solicitude de concesión de explotación derivada de permiso de investigación Cartea, número 5524, e de cancelación de inscrición no rexistro mineiro.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada parcialmente pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle á empresa Minera Santalla, S.L., con último enderezo coñecido na Muxueira, 13, 27743 Riotorto (Lugo), a resolución de remate de procedemento relativo á solicitude de concesión de explotación derivada de permiso de investigación Cartea, nº 5524, desta provincia e de cancelación de inscrición no rexistro mineiro, xa que, intentada a notificación polos medios legalmente establecidos, non se puido efectuar.

Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso de alzada previsto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da recepción da presente notificación, perante o conselleiro de Economía e Industria, sen prexuízo de calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Lugo, 21 de maio de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo