Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Venres, 7 de xuño de 2013 Páx. 21417

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CÉDULA do 23 de maio de 2013, da Xefatura Comarcal de Pontevedra, pola que se fai pública a notificación do trámite de audiencia de expediente sancionador (expediente PESAN1 2013/000120-5).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que a continuación se indica o trámite de audiencia do expediente instruído por infracción da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro).

O interesado dispón dun prazo de quince días a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto, para presentar ante a Xefatura Comarcal as alegacións que considere pertinentes.

O expediente atópase á disposición do interesado na citada Xefatura Comarcal de Pontevedra, Fernández Ladreda, 43, 4ª planta.

Nº de expediente: PESAN1 2013/00120-5.

Denunciado: David Seoane Calvar.

NIF: 77400927Q.

Enderezo: lugar Barciela, 82, Vilaboa.

Pontevedra, 23 de maio de 2013

José Luis Meijueiro Tilve
Xefe comarcal de Pontevedra