De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
O acto foi adoptado polo Servizo Provincial de Pontevedra do Instituto Galego de Consumo (IGC).
A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante a Unidade de Consumo de Vigo do IGC, con enderezo na praza da Estrela, s/n, Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Vigo, 24 de maio de 2013
Luis Boullosa Nores
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: 36R002/12/2013.
Interesado: Jesús Francisco Meis Díaz.
DNI: 35453999.
Acto notificado: acordo de incoación de expediente sancionador.