Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Xoves, 6 de xuño de 2013 Páx. 20920

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Arteixo (expediente IN407A 2013/84-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: AD Grupo Regueira, S.A.

Domicilio social: Galileo Galilei, 9-11, Pol. Ind. A Grela, 15008 A Coruña.

Denominación: CS ctro. entrega e medida en caseta prefabricada, LMT e CT de 630 kVA.

Situación: Polígono Industrial de Sabón, parcela 3 DA 139, Arteixo.

Características técnicas: CS en caseta prefabricada con 3 interruptores seccionadores de 24 kV, 400 A en cabina metálica, centro de entrega (compartida co CS) con seccionamento, protección e equipo de medida. LMT soterrada de 133 m de lonxitude en cable 12/20 kV, 1×95 AL. CT de interior con transformador de 630 kVA, relación 15-20/0,42 kV en baño de aceite. Aparellaxe de seccionamento e protección en cabina metálica prefabricada.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte á publicación, artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 29 de maio de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña