Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Mércores, 5 de xuño de 2013 Páx. 20583

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 21 de maio de 2013, da Zona de Recadación da Coruña, polo que se informa da realización de poxa pública de varios bens e dereitos.

De conformidade co acordo da Axencia Tributaria de Galicia do 3 de maio de 2013, infórmase que o día 27.6.2013 ás 10.00 horas, no salón de actos da Xefatura Territorial da Consellería de Facenda da Coruña (sita na praza de Pontevedra, 22), terá lugar a poxa pública dos bens e dereitos que se describen a seguir:

Lote

Descrición do ben

Valoración

Cargas

Tipo 1

Tramo

1

75 % do pleno dominio con carácter privativo e 8,33 % do usufruto con carácter privativo por título de herdanza do local comercial sito na rúa Varela Silvari nº 38, andar baixo, na cidade da Coruña. Da superficie construída de 58 metros cadrados. Predio 17482 Rexistro da Propiedade nº 1 da Coruña.

83.921,02

0,00

83.921,02

100

2

Usufruto con carácter privativo e metade da núa propiedade da vivenda illada sinalada co número 17 no lugar de San Cristovo, concello de Ferrol, cunha superficie construída de setenta metros cadrados sobre un predio de tres mil setecentos dezanove metros cadrados. Predio número 46507 do Rexistro da Propiedade de Ferrol, con número de referencia catastral 2300100NJ51D0001EH.

93.923,15

34.838,00

59.085,15

100

3

Vivenda sita na rúa Santa Catalina nº 30, primeiro andar, na Coruña, con superficie de 76 metros cadrados. Predio nº 78915 do Rexistro da Propiedade nº 1 da Coruña.

249.373,20

0,00

249.373,20

100

4

100 % do pleno dominio con carácter propio por título de compravenda do terreo situado na parroquia de Sofán, lugar de Evas, concello de Carballo, dedicado a inculto, da extensión superficial aproximada de 1.622 metros cadrados. Predio nº 39713 Rexistro da Propiedade de Carballo.

3.868,16

0,00

3.868,16

100

5

100 % do pleno dominio por título de achega social da vivenda sita na rúa San Xosé, s/n, andar 2, porta B, no concello de Ares. Da superficie útil de 75,40 metros cadrados. Predio nº 10819 Rexistro da Propiedade de Pontedeume.

79.782,95

70.300,00

9.482,95

100

6

100 % do pleno dominio por título de achega social da vivenda sita na rúa San Xosé, s/n, planta 3, porta E, no concello de Ares. Da superficie útil de 33,15 metros cadrados. Predio nº 10827 Rexistro da Propiedade de Pontedeume.

35.080,46

32,800,00

2,280,46

100

7

100 % do pleno dominio por título de achega social da vivenda sita na rúa San Xosé, s/n, planta 3, porta D, no concello de Ares. Da superficie útil de 57 metros cadrados. Predio nº 10826 Rexistro da Propiedade de Pontedeume.

60.314,73

53.800,00

6.514,73

100

8

Local comercial na rúa Mariscal Pardo de Cela número 8, andar baixo, local nº 4 na Coruña. Superficie útil de 56,18 m2. Predio 66324 do Rexistro da Propiedade nº 1 da Coruña.

54.356,40

0,00

54.356,40

100

9

100 % do pleno dominio por título de propiedade horizontal da vivenda letra B, sita no primeiro andar do edificio situado na rúa Doutor Batallán, esquina a Grixó, e rúa de nova apertura de Santa Lucía, parroquia de Saiáns, concello de Moraña. Ten o seu acceso polo portal 1. Superficie: 40,22 metros cadrados. Ten como anexos a praza de garaxe nº 26 sita no andar de soto 2º, de 11,87 m2, e o rocho nº 25 sito no andar de soto 2º de 3,90 m2. Predio 9750 Rexistro da Propiedade de Caldas de Reis.

62.652,96

41.727,00

20.925,96

100

10

100 % do pleno dominio por título de propiedade horizontal da vivenda letra C, sita no primero andar do edificio situado na rúa Doutor Batallán, esquina a Grixó e rúa de nova apertura de Santa Lucía, parroquia de Saiáns, concello de Moraña, ten o seu acceso polo portal 2. Superficie: 86,72 m2. Ten como anexos a praza de garaxe nº 24 sita no soto 2º, de 11,87 m2 e o rocho nº 29 sito no andar de soto 1º de 5 m2; unha terraza sita polo linde leste de 29,96 m2 e outra terraza sita polo linde sur de 3,82 m2. Predio 9759 Rexistro da Propiedade de Caldas de Reis.

103.781,00

88.066,00

15.715,00

100

11

100 % do pleno dominio por título de propiedade horizontal da praza de garaxe nº 34, sita no andar de soto 1º do edificio situado na rúa Doutor Batallán, esquina a Grixó, e rúa de nova apertura de Santa Lucía, parroquia de Saiáns, concello de Moraña. Superficie: 12,50 metros cadrados. Predio 9793 Rexistro da Propiedade de Caldas de Reis.

6.000,00

4.336,00

1.664,00

50

12

100 % do pleno dominio por título de propiedade horizontal do local comercial sito na rampla de acceso ao andar de sotos dun edificio sito na rúa Rosalía de Castro, s/n, andar baixo, no lugar do Milladoiro, concello de Ames. Da superficie útil de 56 metros cadrados. Predio 34416 Rexistro da Propiedade de Negreira.

44.725,91

992,00

43.733,91

100

13

100 % do pleno dominio por título de propiedade horizontal da vivenda letra A, sita no primeiro andar do edificio situado na rúa Doutor Batallán, esquina Grixó, e rúa de nova apertura de Santa Lucía, parroquia de Saiáns, concello de Moraña, ten o seu acceso polo portal 2. Superficie: 91,07 m2. Ten como anexos a praza de garaxe nº 25 sita no soto 2º de 11,87 m2 e o rocho nº 28 sito no soto 1º de 5 m2 e a terraza de 38,48 m2. Predio 9757 Rexistro da Propiedade de Caldas de Reis.

107.911,20

91.071,00

16.840,20

100

14

50 % do pleno dominio da predio rústico, piñeiral madeirable sito no polígono 28, parcela 148, Castrillón, concello de Cambre. Da superficie de 1.493 metros cadrados. Linda ao norte co predio propiedade de Raimundo Lafuente Míguez; ao sur co predio propiedade de Alfonso Rivas; ao leste co predio propiedade de Francisca Pan López e ao oeste cos predios propiedade de Jaime Yrago García, Josefa Louro e María Milagros Pérez Novo. Predio catastral 15017A028001480000MF.

689,15

0,00

689,15

50

15

50 % do pleno dominio do piñeiral madeirable sito no polígono 28, parcela 147, Castrillón, concello de Cambre. Da superficie de 1.843 metros cadrados. Linda ao norte co predio propiedade de Pilar Álvarez Pérez; ao sur coa estrada A Coruña-Palen; ao leste co predio propiedade de Manuel Val Moure e ao oeste co predio propiedade de Francisca Pan López.

850,70

0,00

850,70

50

16

100 % do pleno dominio da parcela cun único inmoble sita no lugar de Paiosaco nº 42, concello da Laracha. Ten a superficie construída de 169 m2. Superficie do terreo: 473 m2. Linda ao norte co predio propiedade de Manuel Francisco Sánchez Cedeira e co predio catastral nº 15005A03409024; ao sur co predio propiedade de Manuel Otero Vázquez; ao leste con vía de comunicación a ao oeste co predio propiedade de María del Pilar Fuentes Barreiro. Predio catastral nº 6396801NH3869N0001RG.

78.193,05

0,00

78.193,05

100

17

Metade indivisa (segundo testamento outorgado por Benigno Candocia Bermúdez) do predio urbano a uso comercial, almacén e vivenda, composto de andar baixo, primeiro e segundo, sito no número 130 da rúa Campo Chao do concello de Ferrol, cunha superficie construída de catrocentos corenta e catro metros cadrados sobre unha superficie de douscentos catro metros cadrados. Predio catastral 3367120NJ6136N0001MY.

98.750,65

0,00

98.750,65

100

18

50 % do pleno dominio do monte baixo no lugar do Goio, Pena Loureira e Rosabella, parroquia de Santa María de Rutis, concello de Culleredo, cunha superficie de tres hectáreas e trinta áreas. Predio 28593 do Rexistro da Propiedade número 3 da Coruña.

750.412,80

246.599,00

503.813,80

100

19

Predio rústico a pradaría sito no lugar de Canaval, concello de Oleiros, cunha superficie de mil novecentos corenta e cinco metros cadrados, con referencia catastral 15059A001007370000TL.

79.031,54

0,00

79.031,54

100

20

Predio urbano a soar sito no lugar de Albarizas, concello de Marbella, provincia de Málaga, cunha superficie de 828 metros oito decímetros cadrados. Predio 47187 (antigo predio de Marbella número 9329) do Rexistro da Propiedade número 2 de Marbella, con número de referencia catastral 3825215UF3432N1EU.

226.781,60

0,00

226.781,60

100

21

50 % con carácter privativo do pleno dominio de local comercial sito na rúa Oidor Gregorio Tovar, número 35, Suplicado 7, andar 8º, porta F, cunha superficie de corenta metros cadrados con terraza na súa fronte de vinte con oitenta metros cadrados. Adquirido por herdanza de José Tellado Freire, herdanza liquidada e aceptada por medio de escritura notarial do 5 de decembro de 2008, constando nota marxinal de afección por esa liquidación en virtude da cal se procede ao alleamento deste inmoble consonte os números 3 e 4 do artigo 74 do Regulamento xeral de recadación e artigos 79 da Lei xeral tributaria e 67 do mesmo Regulamento xeral de recadación. Predio 58791 do Rexistro da Propiedade nº 1 da Coruña.

30.676,03

5.406,00

25.270,03

100

22

Vehículo Mitsubishi Montero, bastidor JMB0NV260XJ007600, matrícula C-4143-CB

2.200,00

0,00

2.200,00

50

23

Casa sinalada co número 26 da rúa Xosé Neira Vilas, sita no lugar de Cruceiro de Abaixo, Parroquia de Santa Leocadia de Alfoz-Perillo. Consta de andar baixo e alto, ocupando unha superficie cuberta aproximada de 87 metros cadrados. Unido polo norte un alpendre ou arrimo con parede; e outro de madeira á cara leste, xardín e polo oeste, terreo dedicado a eira, horta e labradío, no cal existe hoxe un garaxe. Forma todo un só predio cunha extensión de 10 áreas equivalentes a 2 ferrados e cuarto. Referencia catastral 0885109NH5908N0001TE. Predio número 7310 do Rexistro da Propiedade número 3 da Coruña.

206.861,50

0,00

206.861,50

100

24

Predio urbano, local número dous, en andar baixo, dun edificio sobre a parcela 2A do proxecto de equidistribución do polígono único do sector S-14 travesía do Porto Norte do Plan xeral de ordenación municipal de Ames, sito no lugar do Milladoiro; cunha superfice útil aproximada de oitenta e sete metros con vinte e oito decímetros cadrados. Predio número 35577 do Rexistro da Propiedade de Negreira.

129.087,30

0,00

129.087,30

100

25

Predio urbano correspondente a local número 3 en andar baixo dun edificio sito no lugar do Milladoiro, concello de Ames, cunha superficie útil de cento vinte metros cadrados. Predio 35579 do Rexistro da Propiedade de Negreira.

165.496,50

134.964,00

30.532,50

100

26

Predio rústico do plano de concentración parcelaria da zona de Oroso-A Gándara-Deixebre-Trasmonte, do concello de Oroso, toxeira no lugar de Chouza de Arriba, de vinte e oito áreas de superficie. Predio número 11519 do Rexistro da Propiedade de Ordes.

62.649,29

0,00

62.649,29

100

27

100 % do pleno dominio con carácter privativo por título de adxudicación da vivenda sita no paseo de Ronda nº 39, andar 6º, porta esquerda, ático, no concello da Coruña. Ten dúas terrazas de 28,10 metros cadrados. Predio 16021 Rexistro da Propiedade da Coruña 1.

141.194,20

68.658,00

72.536,20

100

De conformidade co disposto no artigo 101 do Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, faise constar que:

a) Están ao dispor dos interesados, na Zona de Recadación da Coruña, onde poden ser examinados ata o día anterior ao da poxa, os expedientes de constrinximento en que constan os títulos de propiedade dos bens ou dereitos poxados e o estado das súas cargas e gravames, cos que se deberá conformar, sen ter dereito a exixir outros.

b) Cando se trate de bens ou dereitos inscritibles nos rexistros públicos, os licitadores non terán dereito a exixir outros títulos de propiedade que os achegados no expediente; de non estaren inscritos os bens ou dereitos no rexistro, o documento público de venda é título mediante o cal se pode efectuar a inmatriculación nos termos previstos na lexislación hipotecaria; nos demais casos en que sexa preciso deberán proceder, se lles interesa, como dispón o título VI da Lei hipotecaria para levar a cabo a concordancia entre o rexistro e a realidade xurídica.

c) As cargas e gravames que subsistisen ao crédito dos executantes continuarán subsistindo, e entenderase que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

d) No tipo da poxa non se inclúen os impostos indirectos que graven a transmisión dos ditos bens ou dereitos.

e) A obriga de constituír ante a mesa de poxa con anterioridade á súa realización un depósito do 20 % do tipo de poxa. De forma motivada poderá reducirse este depósito ata un mínimo do 10 por cento. Se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, o dito depósito aplicarase á cancelación da débeda, sen prexuízo das responsabilidades en que poidan incorrer polos prexuízos que orixine a falta de pagamento do prezo de remate. O depósito deberá constituírse mediante cheque que cumpra os requisitos establecidos no artigo 35.1 do Regulamento xeral de recadación ou por calquera medio que se habilite para o efecto.

f) A poxa suspenderase en calquera momento anterior á adxudicación de bens ou dereitos se se fai o pagamento da contía establecida no artigo 169.1 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

g) O adxudicatario entregará no acto da adxudicación ou dentro dos 15 días seguintes a diferenza entre o depósito constituído e o prezo da adxudicación.

h) Admitiranse ofertas en sobre pechado; nese caso a mesa de poxa substituirá os licitadores, poxando por eles na forma prevista para o efecto.

i) Despois de ter lugar a primeira licitación, a mesa poderá acordar a realización dunha segunda licitación, logo da deliberación da súa conveniencia. Neste caso admitiranse poxas que cubran o novo tipo, que será o 75 por cento do tipo de poxa en primeira licitación.

j) De conformidade co disposto no artigo 107 do Regulamento xeral de recadación, se quedasen bens sen adxudicar iniciarase o trámite de adxudicación directa por prazo de seis meses, e poderanse presentar ofertas en sobre pechado a partir dese momento á mesa de poxa.

A mesa de poxa abrirá as ofertas presentadas ao remate do prazo do mes seguinte ao do seu inicio, e poderá proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. No caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas ou mellora das existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento; e así sucesivamente, co límite total de seis meses.

A Coruña, 21 de maio de 2013

Julián Benavides Delgado
Recadador de zona da Coruña