Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Mércores, 5 de xuño de 2013 Páx. 20549

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 22 de maio de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza un propietario da zona de concentración parcelaria de Barbeito (Vilasantar-A Coruña) para ser notificado dunha resolución.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal e ao non ser posible, emprázase a Francisco Javier Blanco Sánchez, como propietario nº 288 da zona de concentración parcelaria de Barbeito (Vilasantar-A Coruña), para ser notificado, por comparecencia, dunha Resolución do 19 de febreiro de 2013 do director xeral de Desenvolvemento Rural, que o afecta.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de quince días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo de servicios múltiples, Monelos, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Se transcorre o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 22 de maio de 2013

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña