Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE núm. 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: LMTS en rúa Pegaso e rúa Zeus.
Situación: concello de Oleiros.
Características técnicas:
Liña de media tensión subterránea (LMTS9, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 2×0,055 km, coa orixe en empalme que se vai realizar na LMTS SMC-725 rúa Estanque, 25, en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV, 1×240 Al), e final na mesma liña unha vez que entre e saia do C.S. do cliente.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situado no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.
A Coruña, 7 de maio de 2013
Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña