Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Mércores, 5 de xuño de 2013 Páx. 20532

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de San Sadurniño (expediente IN407A 2013/053).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra de Narahío, S.A.

Domicilio social: Vista Alegre, Doso, 15597 Narón (A Coruña).

Denominación: LMTS Fontela-Central H. Río Castro.

Situación: concello de San Sadurniño.

Características técnicas: liña de media tensión soterrada (LMTS) a 15/20 kV, cunha lonxitude de 2,7 km, con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×150 Al, con orixe en paso aerosubterráneo no apoio nº 4EN778 da LMT Fontela-O Eirixado (expediente IN407A 2012/143), sendo nun primerio tramo 1-3 de lonxitude 54 m en canalización existente da LMTS Bouzarredonda-Fontela (expediente IN407A 2012/144), e final en paso aerosubterráneo no apoio nº 4EN869 do CT Castelo (expediente IN407A 2007/354).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 29 de abril de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña