Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Martes, 4 de xuño de 2013 Páx. 20315

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (354/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 354/11 por instancia de Jesús Conde Blanco contra a empresa Hostelga Coruña, S.L., sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 7.5.2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Ditame:

Estímase parcialmente a demanda interposta por Jesús Conde Blanco fronte a Hostelga Coruña, S.L. e, en consecuencia, condénase a Hostelga Coruña, S.L. a aboar ao demandandante a cantidade de cincocentos trece euros con nove céntimos de euro (513,09 euros).

Notifíquese a resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Hostelga Coruña, S.L. expido e asino a presente.

A Coruña, 14 de maio de 2013

A secretaria xudicial