Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Martes, 4 de xuño de 2013 Páx. 20318

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (141/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 141/11 por instancia de José Luis Calvete Otero e Luis Calvete Castro contra as empresas Gaconservi, S.L. e Niocanfi, S.L., sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 2.5.2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Ditame

Estímase a demanda interposta por José Luis Calvete Otero e Luis Calvete Castro fronte a Gaconservi, S.L. e Niocanfi, S.L. e, en consecuencia, Condénase a Gaconservi, S.L. e Niocanfi, S.L. a aboar solidariamente aos demandantes as seguintes cantidades:

• A José Luis Calvete Otero a cantidade de dous mil cento cincuenta e dous euros con trece céntimos de euro (2.152,13 euros).

• A Luis Calvete Castro a cantidade de dous mil trescentos noventa e oito euros con sesenta e seis céntimos de euro (2.398,66 euros).

Os conceptos salariais das devanditas cantidades percibirán o xuro moratorio do 10 %.

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma ás empresas Gaconservi, S.L. e Niocanfi, S.L. expido e asino a presente.

A Coruña, 14 de maio de 2013

O secretario xudicial