Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Martes, 4 de xuño de 2013 Páx. 20397

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2013, da Xerencia da Xestión Integrada de Lugo, pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, da subministración sucesiva de funxibles para bombas de infusión para o Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo e centros dependentes (MS-HLA1-13-005).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xestión Integrada de Lugo. Rúa Dr. Ulises Romero, nº 1, 27003 Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2) Domicilio: Dr. Ulises Romero, nº 1.

3) Localidade e código postal: Lugo, 27003.

4) Teléfono: 982 29 60 57.

5) Telefax: 982 29 65 92.

6) Correo electrónico: ana.maria.mallo.poy@sergas.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8) Data límite da obtención da documentación e información: ata as 14.00 horas do derradeiro día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: MS-HLA1-13-005.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva por prezo unitario de funxibles para bombas volumétricas, de xiringa, PCA y de alimentación enteral determinándose a contía que se subministrará polas necesidades do órgano de contratación, con dotación, sen custo para o Hospital Universitario Lucus Augusti, das bombas necesarias para os funxibles (será tamén a cargo do adxudicatario o seu mantemento e o transporte).

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si/catro.

d) Lugar de execución/entrega:

1) Dr. Ulises Romero, nº 1.

2) Localidade e código postal: Lugo, 27003.

e) Prazo de execución/entrega: 24 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) Sistema dinámico de adquisición: non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 33194120-3; 33194110-0.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 997.196 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 498.598 euros.

b) Importe total: 548.457,80 euros.

6. Garantías exixidas:

Definitiva: 5 % do importe de licitación sen IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría): non procede.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: ver pregos.

c) Outros requisitos específicos: ver pregos.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación das ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 5.7.2013.

Se o derradeiro día de presentación ou envío das ofertas coincide en sábado ou día inhábil, na localidade de presentación, o dito prazo prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: a citada nos pregos.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral do Hospital Universitario Lucus Augusti.

2) Enderezo: Dr. Ulises Romero, nº 1.

3) Localidade e código postal: Lugo, 27003.

d) Número previsto de empresas ás cales se pretende invitar a presentar ofertas: non procede.

e) Admisión de variantes: non.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: apertura pública.

b) Enderezo: sala 305 da Dirección-Xerencia do Hospital Universitario Lucus Augusti. Dr. Ulises Romero, nº 1.

c) Localidade: Lugo, 27003.

d) Data e hora: publicarase no «Perfil do contratante».

10. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade serán por conta do/s adxudicatario/s do procedemento.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 14.5.2013.

12. Outras informacións: ver o prego de prescricións técnicas.

Lugo, 30 de abril de 2013

Antonio García Quintáns
Director xerente do Hospital Lucus Augusti