Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Martes, 4 de xuño de 2013 Páx. 20346

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Ames (expediente IN407A 186/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS, CT, RBT Cruxeiras.

Situación: concello de Ames.

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada ao CT Cruxeiras a 20 kV, cunha lonxitude de 1,278 km, coa orixe en cela de liña proxectada no C.T. Barouta (expediente 27.223), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV 3(1×150 Al), e final no CT Cruxeiras proxectado.

Centro de transformación prefabricado Cruxeiras, cunha potencia de 160 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Reforma do centro de transformación non prefabricado Barouta, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Liña de baixa tensión aérea, cunha lonxitude de 0,449 km, coa orixe en empalmes coa RBT subterránea proxectada do CT Cruxeiras e coa RBT subterránea existente, empalmes coa RBT existente proxectada, condutor tipo XZ e apoios de formigón.

Rede de baixa tensión subterránea, cunha lonxitude de 0,336 km, coa orixe no CT Cruxeiras, condutor tipo XZ1.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 3 de maio de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña